Dende o primeiro ano non nos quixemos esquecer do noso pasado, e como non podía ser doutro xeito fixemos "A Polavila". Este evento facíase na Galiza do século pasado, aínda que non en todas as rexións se coñecía polo mesmo nome. En Ourense "A Ruada" , na Coruña " O Serán", en Pontevedra "O Fiadeiro" e na provincia de Lugo " A Polavila".
Este evento consistía na xuntaza veciñal na lareira dunha das casas da vila na que se tocaba, bailaba e se contaba algún que outro conto, é decir, organizaban unha pequena festa para poñerse ao corrente despois dun día laborioso.
Nós quixemos recuperala neste día de foliada, ateigando xa dende pola maña as rúas e bares colaboradores da vila con música, cantigas e bailes con grupos tradicionais.

Cuarteto Tradicional "Seimeira" (2015)
Cuarteto Tradicional "Illa Pancha" (2016)
E tí, VES A POLAVILA?