Dende o máis alto das montañas chega un son. Un son que aúna tradición, ledicia, diversión e festa. Un son de gaitas, pandeiretas, tamboriles, charrascos e castañolas que,cada 365 días, fan que no corazón do último mes do ano, a 960 metros de altura, todas as preocupacións e os males desaparezan para soamente quedar o bo humor, a alegría e a troula.
Así, cada mes de decembro, un grupo de rapaces e rapazas unimos as nosas forzas para que, xunto con todos aqueles que queirades acompañarnos, recordemos de onde vimos e ata onde vamos. Para recordar as nosas orixes, aquelo que nos une a todos os galegos, a nosa ideosincrasia. Pero, por riba de todo, para recordar cara onde camiñamos, todos xuntos, para recordar que a nosa tradición está máis presente que nunca, que o galego está hoxe máis vivo que nunca.
Benvidos, todas e todos, á páxina web oficial da Foliada da Fonsagrada.
Cada día somos máis, a que esperas ti para unirte?